lunes


DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 

Hoxe día 24 de outubro os alumno/as do CEIP de Oímbra fixemos unha visita á Biblioteca do Concello coincidindo coa celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares.
Alí contáronnos o conto de Pinocho e logo varios nenos/as fixemos de contacontos para os nosos compañeiros. Finalmente, como nos portamos "ben" déronnos dous libros como agasallo.