martes

CARPETAS VIAXEIRAS


Neste mes de novembro o alumndo de Primaria comezou a utilizar as "carpetas viaxeiras" onde levan distinto tipo de material impreso, audiovisual... para as súas casas para compartir en familia. Esperamos que así a lectura sexa unha tarefa familiar e non individual.

BOLSAS VIAXEIRAS PARA INFANTIL

O luns, día 14 de novembro entregáronselle as bolsas viaxeiras ao alumnado de infantil nas que levarán material para compartir en familia. ¡Que ilusión!

CANTACONTOS NO CEIP DE OÍMBRA


O pasado xoves, día 10 de novembro o alumnado e profesorado do CEIP de Oímbra disfrutamos cantando contos con Susa Herrera e Merchy Rozas. Durante unha hora cantamos as cancións do libro "animales encantadores".