martes

Día da poesía-árbore

Para conmemorar o Día da poesía e o Día da árbore de forma conxunta, os nenos/as escribiron poemas con diferentes técnicas. Como agasallo, os mellores recibiron unha planta coa súa correspondente carta de identidade onde se lle informa ao alumno dos coidados necesarios e se lle pide un compromiso firme para que a planta poida seguir vivindo e chegar a dar froito.


domingo

Conto viaxeiro do Día da Paz

O alumnado e profesorado do colexio elaboramos un conto viaxeiro da PAZ, con producións literarias en lingua galega, castelá, inglés e portugués. Este conto pasou por todos os fogares para que os pais e nais poidan apreciar o traballo dos seus fillos-as e facer a súa achega persoal a este libro.

viernes

Visitamos a Biblioteca Municipal de Verín

        O día 8 de marzo, visitamos a Biblioteca Municipal de Verín. Disfrutamos dos diferentes recursos dos que dispoñen: libros, xogos, ordenadores... Os maiores buscamos información sobre mulleres importantes para logo realizar un mural para a Biblioteca do noso "cole" e realizamos unha búsqueda dirixida dentro do catálogo on-line da biblioteca. Os máis pequenos escoitamos un conto, logo fixemos un debuxo nunha libreta personalizada que nos regalaron. Para rematar disfrutamos lendo os contos que alí había en compañía de Bob Esponja. Foi un día diferente, ¡Que ben o pasamos!
VISITANDO A BIBLIOTECA DE VERÍN on PhotoPeach