martes

Día da poesía-árbore

Para conmemorar o Día da poesía e o Día da árbore de forma conxunta, os nenos/as escribiron poemas con diferentes técnicas. Como agasallo, os mellores recibiron unha planta coa súa correspondente carta de identidade onde se lle informa ao alumno dos coidados necesarios e se lle pide un compromiso firme para que a planta poida seguir vivindo e chegar a dar froito.