martes
HOXE SAÍMOS NO XORNAL
http://www.laregion.es/articulo/monterrei/escolares-oimbra-celebran-pleno-infantil/20170131101044681818.html
VOTACIÓNS NO COLE DE OIMBRA
O pasado 26 de xaneiro realizamos no cole as primeiras eleccións escolares. O proceso consitiu en elixir un/ unha candidat@ para que presidise o pleno infantil que tivo lugar o 30 de xaneiro na Casa do Concello de Oímbra.
votacións - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
votacións - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
miércoles
APADRIÑAMENTO LECTOR "XANEIRO 2017"
Hoxe, despois das vacacións de Nadal, retomamos no cole a actividade do "APADRIÑAMENTO LECTOR". Tendo en conta que o vindeiro 30 de xaneiro se celebra o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA, escollemos un precioso conto para traballar a coeducación a través da historia dunha elefantiña chamada Margarita.
Margarita e outras pequenas elefantas viven illadas nun xardín de anémonas e peonias; o seu alimento para conseguir un aspecto físico caracterizado pola cor rosa caramelo da súa pel, que reforzan lucindo zapatos e lazos do mesmo ton.
Todas cumpren as expectativas dos seus pais e nais excepto ela, que sofre reproches dos seus proxenitores ata que estes desisten de que sexa como as demais.
Baixo esta historia aparecen cuestións como un superficial culto á imaxe. Pero sobre todo, é un canto á liberdade e a igualdade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)